Decembro 2015- nº 4

 

 

OPINIÓN

 

NOVA ESCOLA GALEGA ANTE AS ELECCIÓNS XERAIS 2015

REFLEXIÓNS E ACHEGAS SOBRE A POLÍTICA EDUCATIVA


Continuando coa vontade de ofrecérmoslles as nosas reflexións e posicións á comunidade educativa e á sociedade en xeral, queremos facerlles chegar este documento tanto á opinión pública como ás diferentes opcións políticas que se postulan para formaren parte do Parlamento Español nas próximas eleccións xerais do 20 de decembro de 2015. Conscientes de que estas eleccións teñen un significado especial polo momento político que vive o Estado español e que ten que ver coa renovación das estruturas políticas e mesmo co modo de entender a acción política, pensamos que entraremos nunha lexislatura singular –tamén para Galicia– dado que as decisións que se tomen na próxima lexislatura probablemente terán transcendencia no tempo e un impacto social duradeiro máis aló do seu período de catro anos. (Ler máis)

 

 

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN

 

 

VII SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS. REDE E TECNOLOXÍA: DESAFÍOS EDUCATIVOS EN COMUNIDADE

Vedra, 19 e 20 de febreiro de 2016

O Seminario Obradoiro de avaliación de materiais didácticos, vai pola súa VII edición. Procura ter un carácter innovador e emprendedor como parte necesaria da formación docente actual.

Esta actividade presenta un carácter práctico na que se parte de distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos de ensino (reglado ou non).

Procuramos ofrecer ferramentas de acción que o profesorado utilice no mesmo momento de realizar esta actividade formativa, cuestionando os propios materiais e o uso que se deriva da súa práctica reflexiva nas aulas.

Toda a información aquí.

 

 

 

IV CONGRESO INTERNACIONAL
A fenda dixital: TIC, NEAE, inclusión e equidade

Santiago de Compostela, 7, 8 e 9 de abril de 2016

As temáticas deste congreso serán:

- Intervención sociocomunitaria e proxectos educativos con TIC.

- Recursos dixitais en contextos educativos.

- Experiencias educativas de atención ás neae e nee con TIC.

- Metodoloxías innovadoras con TIC para a atención á diversidade, inclusión e equidade.

Toda a información aquí. 

 

 

ACTIVIDADES REALIZADAS

 

 

VI CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO. Xogo, literatura oral e música

Celebrouse en Compostela os días 13 e 14 de novembro de 2015 cun gran éxito de asistencia. Tedes dispoñible toda a documentación do curso así como algunha galería de imaxes  aquí. 

 

 

 

Actividade complementaria do VI SEMINARIO SOBRE A MEMORIA “O EXILIO, A MULLER E A GUERRILLA: O GARDARRÍOS”: 
“O GARDARRÍOS E A REPRESIÓN ANTIFRANQUISTA POLAS TERRAS DE MONDOÑEDO”

Celebrouse en Mondoñedo o 22 de novembro. Fíxose un percorrido polos lugares máis significativos seguido dun xantar e unha conferencia-coloquio.

 

 

 

Mesa redonda: FAUSTINO ROMERO "EMOCIÓNS E SENTIMENTOS"
Celebrouse en Catoira o 28 de novembro e contou coa participación de Xesús Santos, Xosé Giráldez, Víctor Campio Pereira, Xoán Xosé Fernández Abella, Luís Cristobo, Sara Paz e Xosé Ricardo Losada.

 

 

REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

 

 

Xa está na rúa o nº 63 da
Revista Galega de Educación!
Toda a información aquí. 

 

 

ACONTECEMENTOS

 

 

 

O 7 de novembro, acompañando a David Otero, nomeado "Chairego de Honra" neste ano 2015. Un emotivo acto organizado pola Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos. 

O 28 de novembro compañamos a Antía Cal, socia de honra de Nova Escola Galega, na homenaxe que lle tributou o Concello de Muras en colaboración co Observatorio da Mariña pola Igualdade. Agarimosas intervencións do noso compañeiro Antón Costa e de Aurora Marco, presentación dunha unidade didáctica a cargo de Alba García Pico, e moita participación da veciñanza, fachendosa da súa ilustre e comprometida veciña, Tita do Mesón, agora filla adoptiva. O colexio de Muras levará o seu nome.

 

 

Adeus a Xosé Neira Vilas e Xosé Chao Rego,
para sempre nos nosos corazóns.

 

 

 

 

 

Queres ser asociado/a de NEG?
Descarga o boletín e infórmate!
Boletín de asociación

Queres ser subscritor/a de Revista Galega de Educación?
Descarga o boletín e infórmate!
Boletín de subscrición

 

 

@Nova Escola Galega
unsubscribe from this list    update subscription preferences